Aberto o prazo de inscricións para o torneo prebenxamín de Futsal Escola Terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Xa está aquí a XVI edición do Torneo Prebenxamín de Futsal Escola Terra. Se queres participar neste torneo destinado a nenos nacido<sent\><sent\>s entre os anos 2007 e 2010 (incluídos) xa está aberto o seu prazo de inscrición. O torneo disputarase os días 9, 16, 23, 30 de Maio e o día 6 e 13 de Xuño de 2015 dividido en tres categorías e con sede principal de xogo o Centro Deportivo Terra, a pesar de que tamén se usarán outras instalacións en función do número de equipos inscritos.

A 1ª División está destinada a equipos de nenos nacido<sent\><sent\>s nos anos 2007 e 2008. A 2ª división para os nados en 2008 e 2009 e a 3ª División para o<sent\>s máis peques nacido<sent\>s nos anos 2009 e 2010. Para solicitar máis información podes contactar coa organización a través do correo electrónico:eventos@fundacionazkar.org ou no teléfono de contacto 982609001, así como no Centro Deportivo Terra.

Este torneo xa consagrado crece ano a ano chegando. Na edición pasada superáronse os 500 participantes e neste ano non queremos ser menos.

9 de abril de 2015 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.