publicidade hoxe

Abegondo celebra o seu patrón coa Festa de Maiores que reunirá a 500 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo celebra mañá, 25 de abril, con motivo do patrón da localidade (San Marcos) a tradicional Festa da Terceira Idade, que este ano alcanza a súa vixésimo terceira edición. Ao redor de medio milleiro maiores do municipio acudirán á cita que estará presidida polo alcalde, José Antonio Santiso, e os concelleiros da corporación. A festa terá lugar no pavillón polideportivo de Abegondo. Os participantes irán chegando ao recinto desde as 13.00 horas. Ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne.

Á súa conclusión, sobre as 14.15 horas, comezará a comida. Despois, ás 16.30 horas comezará a actuación da banda municipal e da escola de música. Media hora máis tarde desenvolverase o baile. Calcúlase que os actos concluirán sobre as 19.30 horas.

24 de abril de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.