publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta transfírelle ao Concello de Cee a titularidade da travesía Ameixenda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCeeLocal Portada
A-
A+

O Consello da Xunta de Galicia autorizou hoxe o cambio de titularidade da estrada autonómica AC-197, no treito AC-550-Ameixenda-AC-550, a prol do Concello de Cee. A Xunta acordou transferir esta vía, coñecida como a Travesía da Ameixenda, ao municipio, logo de investir 125.000 euros no reforzo da súa seguridade viaria.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en estradas.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade desta estrada dunha lonxitude de 1.740 metros, así como dos terreos de dominio público adxacentes ao trazado.

A entrega deste treito de estrada deberá formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no DOG, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Corresponderanlle ao Concello de Cee, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

Travesía da Ameixenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizou o pasado mes de marzo unhas obras de reforzo de firme neste treito da estrada AC-197, coñecido como a Travesía da Ameixenda cun investimento de 125.000 euros. Esta actuación consistiu tanto na mellora do firme como na adecuación das marxes e deixou a estrada en óptimas condicións de seguridade para os veciños e condutores.

1 de abril de 2015 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.