publicidade hoxe

A Xunta renova a colaboración en emerxencias co grupo de cans de rescate da Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ao grupo canino na Estrada

Alfonso Rueda na visita ao grupo canino na Estrada

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o Concello de A Estrada, onde en compañía do seu alcalde, José López, puido asistir a unha exhibición do grupo de cans de rescate da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ‘San Paio’.

Rueda suliñou que se trata dun grupo “exemplar” do que forman parte oito guías e catorce cans e que está sempre disposto para colaborar nas situacións de emerxencia que así o requiren, como rescates entre escombros e a busca de persoas en grandes áreas, especialmente persoas maiores que se perden en zonas do rural.

Para cada especialidade é preciso un tipo de can e un adestramento distinto, o que require un traballo continuado e unha ampla formación, con entrenos, probas nacionais e internacionais e exhibicións como a de hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública. Anualmente, estes cans participan en máis de setenta entrenos e en diversos simulacros en compañía doutros grupos do Estado e con grupos de busca e rescate da Garda Civil.

Desde hai unha década, a Xunta de Galicia -a través da Vicepresidencia- contribúe anualmente con este grupo, a través dun convenio de colaboración que se vai renovar neste 2015, dada a importancia do labor que realizan. O obxectivo do Executivo autonómico é colaborar cos concellos para que conten cos mellores medios de resposta ante calquera tipo de incidente.

Con ese mesmo obxectivo, definiuse o novo mapa das emerxencias de Galicia, baseado na cooperación entre as distintas administracións e na complementariedade dos medios. Un modelo no que Xunta, deputacións e concellos se unen para garantir á cidadanía unha resposta áxil e eficiente tanto dos bombeiros, como da policía, servizos sanitarios, GES ou Protección Civil; todo elo coordinado dende o 112, que en breve se trasladará á Estrada, converténdoa na capital das emerxencias de Galicia.

24 de abril de 2015 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.