A Xunta de Goberno de Vilagarcía aproba un proxecto de restauración da Fonte de Rafael Pazos
A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión desta mañá o proxecto de restauración da Fonte Tradicional da Praza de Rafael Pazos. A actuación deseñada pola Oficina Municipal de Rehabilitación Urbana está valorado en 17.000 euros que se financiarán a través do Plan Municipal de Investimentos de 2015, pendente de executar tan pronto como o Concello aprobe o crédito para os e financiamento
Con este proxecto, o goberno local cumpre un dos compromisos adquiridos no seu día coa asociación de veciños de Vilaxoán que demandaban unha actuación similar á realizada hai uns meses na Fonte da Praza do Castro.
A estrutura emprazada na Praza de Rafael Pazos presenta na actualidade varias deficiencias que se resolverán coa actuación proxectada. A base do pilón é o elemento en pero estado xa que se aprecia o afundimento dalgúns bloques de pedra e se detectan numerosas fendas e fracturas. Tamén é preciso eliminar os inadecuados parches de pedra e cemento que se foron realizando co paso do tempo a modo de reparacións.
Tamén se resolverán os problemas da rede de abastecemento que afectan ao correcto funcionamento da fonte e se tratarán as patoloxías que afectan ao material pétreo debido á acumulación de sales e cal presentes na auga, como pola aparición de algas e plantas enraizadas nas xuntas e base do pilón polos depósitos de terra.
Por último, eliminaranse pintadas .
O proxecto pódese resumir en catro apartados.
1.- restauración da fonte, incluíndo limpeza, eliminación de sales, biodeterioro, pequenas reintegracións de material perdido, recuperación da estanquidade, substitución dos seus rexuntados de cemento0 e consolidación.
2. Reparación e mellora da rede de abastecemento de auga, desaugue e evacuación para restituír o correcto funcionamento da fonte.
3.- Dotación de iluminación á fonte co obxecto de valorizar e reforzar a súa presenza e simbolismo no contorno urbano.
4.- Substitución do pavimento no contorno da fonte, para enfatizar o monumento e crear unha zona de transición entre a plataforma da fonte e o pavimento da praza.
A Fonte da Praza Rafael Pazos non está catalogada, polo que a súa restauración non precisa da autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia. Aínda así, o goberno local enviou xa hai uns meses o proxecto da actuación a´delegación provincial de patrimonio a efectos de que o revisen e, de ser o caso, aporten algunha consideración para mellorar a actuación que está previsto realizar.











