publicidade hoxe

A Xunta constata a eliminación de aportes contaminantes nunha rede de pluviais de Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de verificar a emenda duns aportes contaminantes procedentes dun establecemento de restauración, sito no lugar de A Gándara de Caldebarcos , na parroquia de San Mamede, no termo municipal de Carnota.

As actuacións que supuxeron á eliminación das verteduras comezaron coa detección das mesmas por parte do Plan de Control de Vertidos (PCV), no marco das inspeccións levadas a cabo no Concello para o control e eliminación das verteduras existentes.

Inspeccións

Así, segundo puido verificar o persoal inspector da Xunta de Galicia, o lugar estaba dotado de rede de sumidoiros municipal, polo que se requiriu ao municipio coruñés a desconexión dos aportes contaminantes existentes á rede de pluviais con saída a un rego innominado, e a posterior conexión dos mesmo á rede de saneamento existente.

Recentemente, xirouse unha nova visita de comprobación ao lugar, comprobando a emenda dos aportes contaminantes.

Segundo se puido verificar, o organismo Augas de Galicia os residuos anteriormente vertidos ao dominio público a través da rede de pluviais, foron conectados á rede de sumidoiros municipal, quedando así arranxado este problema.

30 de abril de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.