A xornada “Emprender, un mundo de oportunidades” reúne en Nigrán a 200 startups procedentes de toda Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A xornada “Emprender: un mundo de oportunidades” organizada por Spain Startup en colaboración co Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Fundación Incyde, á que foi convidado o alcalde, Alberto Valverde, congregou no parque empresarial a uns 200 emprendedores que se desprazaron a Nigrán procedentes de diversos puntos de Galicia.

Porto do Molle acolleu hoxe un evento único dirixido a empresas de nova creación e/ou emprendedores, moitos deles instalados no parque empresarial, que ten como obxectivo pór en común experiencias entre emprendedores á vez que conectar estas iniciativas, habitualmente de carácter innovador, con posibles investidores dos proxectos.

Spain StarUp organiza esta sesión previa á gran celebración do South Summit, que terá lugar o próximo mes de outubro na praza de touros das Vendas en Madrid, no que tamén participarán o seis startups que presentaron hoxe os seus proxectos.

O parque empresarial Porto do Molle conta na actualidade con 70 empresas, ao redor dun 40% de veciños e veciñas de Nigrán, e máis de 600 traballadores, unhas cifras que contrastan coas rexistradas en 2011 (unha soa empresa en activo con 30 traballadores).

 

30 de abril de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.