A tradición dos Maios florece cunha nova edición de récord en Vilagarcía
A intensa labor de difusión e recuperación da celebración dos maios en Vilagarcía segue dando os seus froitos. Despois duns anos de relativo desinterese, a tradición popular florece de novo con forza como se demostra na concorrida edición do vindeiro 1 de maio, que supera o récord do ano pasado. Ao parque Miguel Hernández acudirán o venres 16 grupos para expoñer nada menos que 39 maios.
A Concellería de Cultura celebra a crecente acollida que esta ancestral festa popular ten ano a ano. A participación xa rexistrara un importante pulo a pasada edición, e en 2015 vese superada con 5 grupos e 9 composicións florais máis.
Os maios máis numerosos volven a ser tamén os máis vistosos: os artísticos, que chegan a 12; e o tradicional maio cónico, dos que se poderán admirar 11. Nas demais modalidades preséntanse 9 caixas, 5 cruces de maio e 2 barcos.
A maioría dos 16 grupos inscritos corresponden a ANPAS de colexios e escolas do municipio, aínda que tamén participan colectivos sociais, centros de persoais maiores, asociacións culturais e tamén algún grupo particular.
Como se ven facendo dende hai uns anos, a Festa dos Maios non terá carácter competitivo, polo que a Concellería concederá a todos os participantes unha rosca e una compensación económica que anime á participación e contribúa a conservar esta antiga tradición galega, tanto a relativa á elaboración das composicións florais como á costume de acompañalas con coplillas cómicas ou satíricas.
A suma das compensacións económicas establécense en función da categoría dos maios, do número de participantes e de si aportan letras de coplas que, en calquera caso, deberán interpretar ante o público. Así, os premios máis elevados correspóndense cos maios máis laboriosos e de maiores dimensións, como son os cónicos e artísticos. En ámbolos dous casos as axudas son de 80 euros para participantes que non acheguen letras. A os grupos que leven coplas daráselles 100 euros se suman un mínimo de 10 integrantes e 200 euros se son grupos de máis de 25 compoñentes.
Para as categorías de maios máis pequenos, como a cruz de maio, caixas e barcos, establécense axudas de 30 e 40 euros para os que participen sen copla e de 50 e 60 euros paras os que si acheguen letra e que deberán contar cun mínimo de 4 membros no grupo.
Conservar unha tradición popular
A Festa dos Maios responde a unha ancestral tradición popular galega para celebrar a chegada da primavera e agradecerlle á natureza os froitos que proporciona. O Concello de Vilagarcía trata de divulgar, promover e conservar esta tradición con fidelidade ás súas orixes, de aí que para manter todos os seus elementos característicos, nas bases do certame inclúense requisitos como que os maios deben realizarse con materiais tradicionais











