A Tradescola colabora con Galauda impartindo un concerto didáctico de música tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O vindeiro día 13 de Abril ás 11.15 horas, a Tradescola colaborará co proxecto Galauda impartindo un concerto didáctico de música tradicional no salón de actos do Centro LUG II (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo), dirixido aos alumnos de  ESO de El Casal (Castellar del Vallès, Barcelona), que forman parte deste proxecto educativo intercultural, e que nesta ocasión estarán acompañados polos alumnos de sexto de primaria do CEIP Anexa de Lugo.

O Proxecto Galauda, naceu na Secció de Filologies Gallega e Portuguesa da Universidade de Barcelona, é un proxecto educativo intercultural que pretende provocar nos adolescentes unha percepción da diversidade lingüística e cultural como unha necesidade incuestionable para as sociedades actuais. Cada ano o alumnado catalán fai unha viaxe a Galicia e nesta ocasión aloxaranse de novo na cidade de Lugo.

Un ano máis, a Tradescola colabora con este proxecto, organizando un concerto didáctico no que os escolares coñecerán os distintos instrumentos, ritmos, e formacións protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. O concerto estará guiado polos mestres da Tradescola, Bruno Villamor e Gerardo Quintela.

10 de abril de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.