A Sociedade Ximnástica subiu ao podio no Campionato de Galicia de probas combinadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Vilagarcía acolleu o primeiro Campionato de Galicia de clubs de probas combinadas, en pista ao aire libre, coa presenza dunha Ximnástica con importantes baixas. Aínda así os atletas pontevedreses que acudiron fixérono moi ben, ao conseguir o ouro os mozos e a prata as mozas.

No apartado masculino Santi Ferrer Alonso impúxose no Decatlon masculino con 6.300 puntos; Marco Martínez con 2.757 puntos acabou terceiro no Ocatlon cadete, conseguindo a medalla de bronce da categoría, xa que se celebrou conxuntamente o galego cadete de probas combinadas.

Pablo Tojal foi sétimo na categoría cadete con 2.275 puntos e entre os tres sumaron 13.717 puntos que lles deron a vitoria no apartado masculino.

Por parte das mulleres, as tres que puntuaron para a clasificación de Clubs foron Alesandra Campo no Hexatlon cadete con 1.959 puntos, sendo quinta; a continuación, Claudia Fernández con 1.889 puntos e no Heptatlon xuvenil Emma Ramos con 2.595 puntos que acabou segunda. Os tres quedaron con 5.650 puntos a 1.003 puntos da AVA de Vigo, gañador da competición.

Juan Pazos Campión Promesa de Maratón

O atleta da Sociedade Ximnástica, Juan Pazos correu o seu primeira Maratón en Coruña no Campionato de Galicia da especialidade, non realizou unha gran marca para a súa primeira experiencia na distancia, pero con 3 horas e 49 minutos levou a medalla de ouro na categoría promesa do Campionato de Galicia.

20 de abril de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.