A sala infantil da Biblioteca de O Amorne abrirá de novo as súas portas tras os traballos de reparación
A sala infantil da biblioteca de O Amorne abrirá de novo as súas portas mañá martes tras a finalización dos traballos de reparación do falso teito. O pasado mes de marzo de produciu unha inundación de fecais que afectou a esta sala e que obrigou a pechala durante case un mes. Levouse a cabo desde entón unha desinfección da mesma e unha obra que consistiu en reparar o falso teito afectado pola inundación, na que tamén se perderon varios exemplares. Desde o primeiro momento os técnicos aconsellaron non abrir o espazo de lectura ata desinfectar a zona e ata que se peritase a canalización para valorar os danos e poder proceder ao peche do falso teito. A sala infantil da Biblioteca de O Amorne abrirá no seu horario habitual de 16:00 a 20:00 horas.











