publicidade hoxe

A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ‘Museos Etnográficos de Ourense’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Do 30 de abril, e até o día 14 de maio, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ‘Museos Etnográficos de Ourense’, organizada polo Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” (Deputación Provincial de Ourense) coa colaboración do Concello de Verín.

Mostra divulgativa, sobre o quefacer museográfico da etnografía ourensana, composta de paneis, vídeos, publicacións e folletos, que ten como obxectivo “promover a inxente riqueza cultural e tradicional da provincia de Ourense”.

A provincia ourensá conta con preto dunha vintena de museos, centros ou parques etnográficos, de titularidade autonómica, municipal ou particular, dedicados a diferentes temas relacionados coa etnografía: olaría, rodas de afiar, oficios tradicionais, a escola no medio rural ou o liño, entre outros. Entre estes museos atópanse o do Chocolate de Para do Sil, Etnográfico de Castro Caldelas, Infancia e da Escola de Pobra de Trives, Interpretación da Castaña de Riós, Casa da Lagoa de Antela en Sandiás, o da Moda en Allariz, ou o Etnográfico dos Zapateiros “San Vivián” en Vilanova dos Infantes.

A exposición pódese visitar das 10 ás 14 e das 17 ás 20.30 horas, de luns a sábado

28 de abril de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.