A praia do Muíño acada a bandeira “Ecoplaya” que certifica a súa calidade ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A praia de “O Muíño”, da Guarda, recibiu a bandeira “Ecoplaya” que certifica a súa calidade dende un punto de vista ambiental. O Muíño é o areal fluvial por excelencia da localidade, xa que está situado alí onde as augas do río Miño encóntranse coas do Océano Atlántico.

Este galardón, que está promovido pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medioambiente (ATEGRUS), foi recibido pola limpeza manual da praia, que axuda a conservar o ecosistema dunar, e polas diferentes actuacións realizadas para a súa rexeneración.

A Guarda aposta pola limpeza manual de tódalas praias da vila para minimizar o impacto negativo que poder supoñer esta posta a punto sobre a flora e a fauna. Ademais esta forma de facer contribúe a crear unha mellor conciencia na conservación e protección do entorno natural.

Ademais de contar con este sistema de limpeza e traballar na rexeneración das dunas controlando a extracción ilegal de area, colocando pasarelas e vallas e retirando a vexetación, este areal presenta outros moitos servizos. Así, os bañistas do Muíño, contan con socorristas, acceso para persoas con discapacidade, paneis informativos, aseos e duchas, transporte público, aparcamento a 500 metros e hoteis e restaurantes. Esta praia tamén destaca pola calificación de “excelente” para a súa auga e polas diferentes campañas ambientais que se fan ó longo do ano.

Ademais de agora lucir a bandeira “Ecoplaya”, O Muíño, xa presume do distintivo de calidade SICTED. No mes de maio espérase tamén que revalide a “Bandeira Azul”. A implantación destes distintivos mostra o esforzo do Concello por ofrecer os seus veciños e veciñas, e tamén visitantes, unhas praias con bos servizos atendendo a calidade dos mesmos.

24 de abril de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.