A Policía Local detén a un xoven de Gondomar por distribución e venda de cocaína

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarSucesos
A-
A+

A Policía Local de Nigrán detivo na noite do pasado sábado a un mozo de 24 anos de idade, natural de Gondomar, identificado como J.R.G., por distribución e venda de cocaína. A detención produciuse no semáforo do cruzamento da Avenida Praia América e Torrente Ballester ás 22.50 horas, tras sospeitar minutos antes dun posible intercambio de estupefacientes entre o detido e outro vehículo, con tres ocupantes.

Realizada a inspección, a Policía Local incautoulle ao detido unha mochila que contiña unha bascula de precisión e unha caixa dun reloxo, cuns 30,5 gramos de cocaína, distribuída en oito bolsiñas de 0,60 gramos cada unha, tres bolsas duns 5 gramos e unha bolsa con 11 gramos.

27 de abril de 2015 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.