A Policía de Vilagarcía informa sobre a eliminación de aparcamentos para o paso das procesións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Policía Local traballa xa no dispositivo especial de tráfico que se desenvolverá con motivo da celebración dos actos relixiosos da Semana Santa. O percorrido a seguir polas procesións do Xove e Venres Santo é similar, polo que as rúas afectadas pola eliminación de aparcamentos e polos cortes de tráfico serán as mesmas os dous días. A Policía xa está instalando a sinalización circunstancial a modo informativo.

As dúas procesións comezarán ás 20:00 horas con saída dende a Igrexa Parroquial de Santa Baia, aínda que os estacionamentos polas rúas afectadas deberán quedar libres primeira hora da tarde. Os vehículos que permanezan na zona serán trasladados polo guindastre municipal. O percorrido terá forma de circuíto pechado con inicio e remate no mesmo lugar: Será o seguinte:

Praza de España, Rúa Edelmiro Trillo, Padre Feijó, Praza de Galicia, Valentín Viqueira, Avenida da Mariña, Conde Vallellano, Praza de Galicia, Padre Feijóo, Edelmiro Trillo e Praza de España.

Estas rúas permanecerán pechadas ao tráfico rodado durante o transcurso das procesións, quedando restrinxido o acceso e saída de vehículos dos vados permanentes.

A parada de taxis de Conde Vallellano verase afectada polos peches de tráfico, así coma os itinerarios do transporte público urbano, que xa foi informado das medidas.

Recomendacións

Para evitar molestias e imprevistos aos condutores e evitar problemas de tráfico, a Policía Local apunta unha serie de recomendacións:
Aconséllase cegar ao centro urbano coa antelación suficiente e utilizar os estacionamentos periféricos: TIR-Ramal, Adiff, Día-Lidl, Fexdega (traseiro e dianteiro).

Na medida do posible, deberá evitarse acceder en coche ao centro urbano. Para vehículos en tránsito, recoméndase utilizar as vías de circunvalación (N-640, e VG-4.7).

Os residentes e usuarios das rúas do itinerario, deberán prever as súas chegadas e saídas, para evitar a coincidencia co horario do evento.
Por último, tamén se recomenda ás persoas que asisten como público ás procesións, que nas aglomeracións presten especial atención ás súas pertenzas persoais, como bolsos, carteiras ou chaquetas.

1 de abril de 2015 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.