A música italiana porá a banda sonora á velada do sábado en Vilagarcía
Sapore de Sale, El Mundo, Volare, La Bámbola ou Parole só son algunhas das cancións románticas italianas que se poderán escoitar o sábado pola noite no Auditorio durante a musical que interpretarán as inigualables voces de María Marín Braco, José Valhondo e Leio Trevi. O espectáculo titulado “Italia Romántica” comeza ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir anticipadamente a través de servinova ou dúas horas antes da función na billeteira do Auditorio.
María Marín Bravo e José Valhondo son dúas das mellores voces do panorama musical español e que veñen de participar no musical sobre Nino Bravo. Xunto a eles actuará o cantante italiano Leo Trevi, voz de la Piccolissima Symphony Orchestra. Precisamente, esta orquestra foi a encargada de realizar os arranxos de todos os temas con elementos sinfónicos e de corda que combinan á perfección con bases musicais pop e elegantes coros. A posta en escena complétase con coros.
O popular comentarista de televisión Carlos Ferrando (Que tiempo Tan Feliz, Crónicas Marcianas, Sálvame…) é o encargado de facer revivir e recordar ao espectador a época dourada da mellor música romántica italiana que arrasou en todo o mundo nos anos 70 do século pasado.
As entradas custan 15 euros na zona A, 13 na B e 11 na C. Pódense adquirir de xeito anticipado a través de servinova (www.servinova.como ou do teléfono 902 504500) cos custes de xestión engadidos; ou o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas











