A muller acoitelada en Vigo permanece na UCI estable dentro da gravidade
A muller supostamente acoitelada pola súa exparella o domingo en Vigo permanece ingresada na UCI do Hospital Povisa e segue “estable dentro da gravidade”, segundo confirmaron fontes do centro sanitario. A vítima, auxiliar de enfermaría do persoal de Povisa, ingresou o domingo pola mañá con feridas de arma branca no pescozo e os brazos, está sedada e intubada e o seu estado non presenta cambios.
A muller foi supostamente agredida pola súa ex parella, Juan Calos F.F., tamén traballador de Povisa, que foi detido pouco despois dos feitos. O home foi trasladado este martes ao Hospital Xeral de Vigo despois de que se autolesionara cun garfo de plástico durante o almorzo na Comisaría da Policía Nacional.
Tras realizarlle as curas (as súas lesións non revisten gravidade) e despois dunha avaliación médica no Hospital Meixoeiro, está previsto que pase a disposición do xulgado de violencia sobre a muller de Vigo este martes.











