publicidade hoxe

A mostra de fotografía “De berros e olladas” presenta a particular visión dos autores sobre violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

“De berros e olladas” é unha exposición fotográfica que se inaugurará este venres no Centro Social de Cabo de Cruz e na que catro autores (tres fotógrafos e unha escritora) dan a súa visión particular da violencia de xénero. Unha mostra coa que facer perceptible o horror que se agocha en moitos fogares, coa que manifestar a repulsa e a condena aos abusos, neste caso contra as mulleres. Marga Piñeiro, Isidro Cea e Enrique González coas súas imaxes e Andrea Fernández Maneiro coas súas palabras dan forma a un drama que traspasa o persoal e o familiar como preocupación de toda a sociedade.

As cores, ou a ausencia delas, e as súas combinacións, convértense nun instrumento poderoso do que botan man para enfatizar e expresar sensacións. Unha exposición na que se mestura a metáfora, o simbolismo e o icónico e que en conxunto busca estremecer, provocar sentimentos e reflexións e, en definitiva, remover conciencias.

7 de abril de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.