A mellor música italiana das décadas dos 60 e 70 escoitarase no Auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os nostálxicos ou todo aquel ao que lle guste a música melódica, especialmente a popularizada polos cantantes italianos das décadas doos 60 e 70, terán a oportunidade de gozar dunha velada musical moi especial o vindeiro domingo no Auditorio co espectáculo “Italia Romántica”. As potentes voces de María Marín Braco, José Valhondo e Leio Trevi serán as encargadas de interpretar pezas tan coñecidas como El Mundo, Volare, La Bámbola, Paroleou Sapore de Sale.
 
O popular comentarista de televisión Carlos Ferrando (Que tiempo Tan Feliz, Crónicas Marcianas, Sálvame…) é o encargado de facer revivir e recordar ao espectador a época dourada da mellor música romántica italiana que arrasou en todo o mundo nos anos 70 do século pasado.
 
Ao espectáculo Italia Romántica hai que sumarlle o atractivo dos arranxos realizados pola Piccolissima Symphony Orchestra, que mesturan con total maestría os elementos sinfónicos e de corda cunhas bases musicias pop elegantes e con acertados coros.
 
María Marín Bravo e José Valhondo, dúas das mellores voces do panorama musical español e que veñen de participar no musical sobre Nino Bravo, protagonizan o espectáculo xunto co cantante italiano Leo Trevi, voz de la Piccolissima Symphony Orchestra.
A posta en escena complétase con ballet e coros.
 
Italia Romántica celebrarase o sábado, 18 de abril, no Auditorio a partir das 21:00 horas. As entradas custan 15 euros na zona A, 13 na B e 11 na C. Pódense adquirir de xeito anticipado a través de servinova (www.servinova.como ou do teléfono 902 504500) cos custes de xestión engadidos; ou o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.

11 de abril de 2015 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.