A Laracha acollerá unha xornada sobre facturación eléctrica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A Casa da Cultura da Laracha acollerá o luns da próxima semana (día 13 de abril) a partir das 11:00 horas unha xornada explicativa sobre facturación eléctrica nos concellos que promove a Fegamp en virtude do convenio entra esta entidade, o Instituto Galego de Consumo e o Instituto Enerxético de Galicia para a creación dunha Unidade de Aforro Eléctrico Local.

A sesión vai dirixida a alcaldes, edís, técnicos e empregados municipais de Concellos situados nas comarcas de Bergantiños, A Coruña, Betanzos e Terra de Melide.

Persoal especializado na materia exporá a situación actual do mercado eléctrico e aclarará dúbidas técnicas e xurídicas dos asistentes en relación ás incidencias ou problemas que se presentan a día de hoxe nos Concellos en relación á facturación eléctrica. Tamén ofrecerán directrices e ideas somo como abaratar o gasto eléctrico nos municipios.

7 de abril de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.