A Incubadora de Proxectos ábrese mañá aos mozos, animadores e colectivos xuvenís de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Incubadora de Proxectos ábrese maña aos mozos, colectivos e animadores xuvenís do municipio que estean interesados en desenvolver iniciativas de participación destinada a este sector da poboación. A Concellería de Xuventude de Vilagarcía promove a actividade que se desenvolve a través da Dirección Xeral de Xuventude e que terá lugar a partir das 19:30 horas na sala de xuntas do Concello. A participación é libre e de balde, e non se precisa inscrición.

Técnicos da Dirección Xeral de Xuventude serán os encargados de impartir a sesión na que se informará e axudará a mozos individualmente, grupos ou colectivos a madurar as súas propostas, a como redactalas, presentalas e executalas.

A Incubadora de Proxectos pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos. O obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.

16 de abril de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.