A homenaxe fotográfica a Rosita Rañó remata en maio tras facer escala en Vilaxoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A exposición fotográfica Homenaxe a Rosa Bueno “Rosita Rañó” fai a súa última escala este mes de maio en Vilaxoán tras pasar por Vilagarcía e Carril. A mostra que se inaugura ás sete da tarde de hoxe no Centro Socio cultural do Preguntoiro poderá visitarse ata o 31 de maio.

Rosita “Rañó” é unha das primeiras mulleres que se dedicou profesionalmente á fotografía en Galicia e en Vilagarcía, labor á que lle adicou toda a súa vida laboral. Os organizadores desta exposición-homenaxe que leva por título “Unha nai na fotografía”, son os seus propios fillos. A exposición componse dun cento de fotografías tomadas por Rosita “Rañó ao longo da súa carreira profesional e abarcan a a década comprendida entre principios dos anos 70 e principios dos 80. Predominan os traballos en cor, fronte o branco e negro, xa que foi nese tempo cando a fotografía en cor empezou a introducirse en España e foi todo un furor. A mostra divídese en bloques nos que se recollen estampas familiares, escenas da vida cotiá da Vilagarcía da época e das súas festas, e de persoas da cidade.

30 de abril de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.