A Guía de Vilagarcía celebra o seu primeiro ano coa difusión de máis de mil eventos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Guía de Vilagarcía celebra o seu primeiro ano de vida con máis de mil eventos difundidos e tras recibir máis de medio millón de visitas tanto a través das webs www.arousatv.com e www.vilagarcia.arousatv.com,  como desde os puntos de información situados na zona pública.

A Guía de Vilagarcía está promovida pola produtora audiovisual Arousa TV e naceu co obxectivo de promocionar a oferta turística, comercial, cultural, deportiva e lúdica que se xera no municipio.

A Guía mantense con recursos propios e non conta coa axuda de ningunha institución. De feito, actualizala leva consultar multitude de fontes, o que supón investir unha cantidade considerable de horas.

Trátase dunha Guía sinxela e concisa, en constante actualización para innovar e adaptarse á forma de consulta dos usuarios.

A Guía de Vilagarcía está de aniversario e Arousa TV quere celebralo agradecendo o apoio de “todos os que a consultan e cren nela”​ e especialmente aos que axudaron a creala e difundila.​

Ao longo da súa por agora breve, aínda que intensa traxectoria, a Guía viviu numerosas anécdotas. Unha das súas xornadas máis atarefadas foi cando se incluíu a programación das Festas de San Roque, que supuxo 5000 consultas nunha soa mañá.

Ao programar todas as actividades previas á Festa da auga, detectouse un evento non autorizado, que foi cancelado polo Concello.

A Guía tamén serviu nestes meses como xeradora de opinión. O 22 de agosto informouse da confluencia de 9 eventos simultáneos, o que abriu un debate público sobre a necesidade de coordinarse os distintos promotores (hostaleiros, comerciantes e Concello)

Os eventos máis consultados do ano foron: As Festas de San Roque, Os Pallasos da Tele, Concerto de Cornelius, Vilagarcía Basket Cup 2015 e Revenidas.

23 de abril de 2015 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.