A Guarda presenta as actividades do Maio Gastronómico e Cultural
O Concello da Guarda presentou hoxe as actividades enmarcadas dentro do “Maio Gastronómico e Cultural 2015”. No acto, no que estiveron presentes o alcalde do municipio, José Manuel Domínguez Freitas, a Concelleira de Turismo, Monstserrat Magallanes e o Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, apostouse de novo por esta campaña na que se mesturan os actos culturais coa gastronomía.
Unha das promocións máis atractivas para ó público é o reparto de “bonos desconto do 10%” para utilizar nos 20 restaurantes que participan nesta campaña. Estes descontos poderán utilizarse só nas facturas de mesa e para servizos de carta, polo tanto non se realizarán descontos nas tarifas menús ou para facturas que inclúan só servizos de barra. Os bonos non serán acumulables a outras ofertas e promocións.
A distribución e entrega dos bonos realizarase ás persoas que acudan durante o mes de maio ó Museo do Mar, ó Monte Santa Trega e ás Oficinas de Turismo Municipais. O Concello da Guarda para promover esta actividade editará carteis anunciadoras, lonas promocionais e contratará cuñas publicitarias na radio.
Ademais desta promoción que se desenvolver durante todo o mes, en maio están programadas moitas máis actividades. Así, por exemplo, haberá un encontro de bandas musicais infantís, un torneo de xadrez ou obradoiros de cociña para nenos e un “showcooking” na Praza de Abastos, para os adultos. Durante estas datas continuarán tamén as barrioferencias e se conmemorará o Día Das Letras Galegas, co desfile o sábado día 16, e coa “Feria do Libro” o propio domingo 17 de maio.
O sábado día 16 celebrarase o Día Internacional dos Museos con actividades conmemorativas moi interesantes, tanto no museo de Santa Trega coma no do Mar, e no Castelo de Santa Cruz.
Dende o Concello, esperan que esta programación anime os veciños e veciñas a participar nas actividades da súa vila e a probar os manxares que ofrece o municipio da Guarda. Tamén confían en que os descontos e o cartel tan variado de eventos, axude a que moitos visitantes veñan a Guarda a gozar cultural e gastronomicamente.











