publicidade hoxe

A Garda Civil detén ao suposto autor dun furto de ferramentas nun vehículo estacionado en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a I.G.R., de 39 anos de idade e veciño de Cangas, como suposto autor dun delito de furto de ferramentas no interior dun vehículo estacionado na vía pública de Cangas. No día de onte recibiuse no Posto Principal da Garda Civil de Cangas unha chamada telefónica de colaboración cidadá, participando nun suposto furto no interior dun vehículo estacionado na parroquia de Aldán, termo municipal de Cangas.

Unha patrulla do referido Posto Principal acode ao lugar e tras un recoñecemento da zona, procederon á identificación do condutor dun vehículo marca CITROEN, modelo BERLINGO.

Nun rexistro superficial do turismo obsérvanse diversas ferramentas, das que non pode demostrar a súa titularidade, polo que se procede á súa detención e condución ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias.

As ferramentas incautadas, unha máquina para cortar azulexos, tres trades e unha amoladora, entre outras, foron entregadas ao seu lexítimo propietario quen valora o furtado nuns 1.500 euros.

O detido, que conta con antecedentes policiais, quedou en liberdade coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución número TRES de Cangas, cando para iso sexa requirido.

14 de abril de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.