publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Feira de Castrelo deste domingo incluirá unha festa infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O domingo 26 de Abril no Parque Náutico de Castrelo celebrarase como tódolos derradeiros domingos de mes a Feira de Castrelo. Este mes celebrarase tamén unha Festa Infantil con xogos e olimpiadas deportivas para os máis cativos. E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá:

- Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e  hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de  alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…)

- 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.

- Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.

24 de abril de 2015 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.