A Escola Municipal de Teatro de Vigo celebra o “Día Mundial do Teatro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza unha mostra de escenas teatrais representadas por alumnos/as da Escola, que terá lugar o xoves 23 de abril , ás 18:30horas, no Auditorio do Concello de Vigo. A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo. Ao comezo do acto lerase a mensaxe do Día Mundial do Teatro ( que se celebrou o 27 de marzo) cuxo autor, este ano, é o director teatral de orixe polaco Krysztof Warlikowski.

22 de abril de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.