A Escola Infantil Municipal da Guarda abre o prazo para a reserva de prazas do vindeiro curso
A Escola Infantil Municipal do Concello da Guarda abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de prazas para o curso 2015/2016. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as solicitudes nos seguintes prazos:
– nenos/as matriculados e con praza no curso 2014/2015 na primeira quincena de maio.
– nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude na segunda quincena de maio.
Para maior información os interesados poden dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda en horario de 9 a 13 horas, os luns, mércores e xoves.











