A directiva mosense da AECC pon á venda as entradas para a súa cea solidaria anual
A directiva mosense da Asociación Española Contra o Cancro, AECC, organiza a súa cea-baile solidaria anual, que chega nesta ocasión á súa XV edición, inclúe tamén tómbola e que estará amenizada musicalmente polo grupo M3.
Celebrarase o sábado 25 de abril ás 21.30 horas no Pavillón de Castro-Mos. A cea terá un prezo por persoa de 30 euros.
Os interesados en reservar e/ou adquirir as súas entradas poden facelo xa chamando ó número de teléfono da Xunta Local de Mos da AECC: 697 484 529. Tamén se pode empregar este mesmo teléfono para solicitar máis información tanto sobre esta cea en particular como sobre a Asociación en xeral.
Se alguén quere facerse socio de AECC pode facelo telefónicamente a través do 902886226, ou on line na páxina web da asociación www.aecc.es











