publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra presta apoio económico ao Club Poio Fútbol Sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioPontevedra
A-
A+

A deputada Ana Isabel Vázquez entregoulles esta mañá unha axuda de 20.000 euros ós responsables do club para financiar os gastos de participación do equipo en competicións oficiais. A deputada e os dirixentes do equipo de Poio tamén conversaron sobre a actual situación deportiva do equipo.

O Poio FS foi fundando en 1977 e na actualidade conta con 12 equipos en segunda división, autonómica sur, filial feminino (autonómica), filial masculino (liga local), cadete feminino, cadete masculino, infantil feminino, infantil masculino, alevín feminino, benxamín mixto, prebenxamín mixto e biberón.

Na primeira división feminina da liga nacional de fútbol sala o conxunto de Poio xa ten a permanencia case asegurada matematicamente e encara o tramo final da temporada co propósito de consolidarse entre os dez primeiros equipos da elite do fútbol sala.  

O obxectivo destas liñas de axuda da Deputación é manter a extensa rede de clubs deportivos cos que conta Pontevedra e que tantos éxitos lle están a dar a esta provincia.

23 de abril de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.