publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede a Nigrán unha subvención para a mellora da seguridade viaria na Avenida Praia América

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A Deputación de Pontevedra concede a Nigrán unha subvención por valor de 25.933 euros, a través do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015, para a mellora da seguridade viaria na Avenida Praia América, entre o campo de fútbol, o cruce coa Rúa Torrente Ballester e o acceso a Monte Lourido.

A actuación contempla o asfaltado deste tramo da avenida, en avanzado estado de deterioración, así como unha mellora da sinalización horizontal e vertical, que implementará a seguridade viaria na zona, tanto para vehículos como para peóns.

O proxecto inclúe tamén a habilitación dunha senda peonil entre o final do paseo de Praia América e o comezo da rúa Monte Lourido Beiramar, dando continuidade a acéiraa-bici que discorre polo litoral de Panxón e Praia América, e conectando esta infraestrutura co carril bici da Ramallosa.

9 de abril de 2015 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.