A Deputación de Pontevedra concede 45.000 euros para apoiar o Club Balonmán Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A deputada Begoña Estévez recibiu esta mañá os responsables do Club para entregarlles a acta presidencial pola que se lles concede unha axuda de 45.000 euros para financiar os gastos de participación do equipo en competicións oficiais.

A deputada Begoña Estévez e os dirixentes do equipo do Morrazo tamén conversaron sobre a actual situación deportiva do equipo.

O Club Balonmán Cangas regresou hai dúas temporadas á Liga ASOBAL e na actualidade é o único equipo galego na máxima categoría deste deporte. En 2012 conseguiu o seu terceiro ascenso á Liga ASOBAL, na que permaneceu durante 14 anos, logo dun disputado play-off no pavillón do Gatañal.

Neste momento o conxunto do Morrazo ocupa a cuarta posición da liga ASOBAL e ten firmes opcións de competir en Europa a próxima temporada. Con esta axuda económica o organismo provincial quere contribuír a que o Club Balonmán Cangas continúe a ser un verdadeiro referente do balonmán da provincia e un dos mellores promotores deste deporte.

O obxectivo desta liña de axudas da Deputación é manter a extensa rede de clubs deportivos cos que conta Pontevedra e que tantos éxitos lle están a dar á provincia.

23 de abril de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.