publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financia con 198.400 euros a compra dunha parcela en Coristanco para crear unha praza pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCoristanco
A-
A+

A Deputación da Coruña aprobou no último pleno un convenio co Concello de Coristanco polo que se achegarán 198.400 euros para a compra dunha parcela na parroquia de Traba.

Actualmente esta zona non dispoñe dunha praza pública e a intención do Concello a través da compra desta finca é crear unha infraestrutura para o goce dos veciños e veciñas no mesmo centro da parroquia, xunto á casa consistorial. O Concello xa dispón da parcela colindante polo que con esta nova compra se creará unha ampla área destinada ao lecer.

En concreto, a parcela está na rúa do Muíño, na esquina coa travesía do mesmo nome, coñecida como a “horta de Tina”. O custe de compra é de 248.000 euros, dos que a Deputación financiará o 80%.

6 de abril de 2015 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.