A Coruña acolle a final autonómica do VI Festival de Clipmetraxes de Manos Unidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O vindeiro venres,  10 de abril de 2015, ás 18.00 horas, o Centro Fonseca da Coruña (r/ Fonseca, nº 8)acollerá a Final Autonómica de VI Edición do Festival de Clipmetraxes  “O teu punto de vista pode cambiar o mundo” de Manos Unidas.

Durante a gala proxectaranse  os mellores Clipmetraxes recibidos ata o momento e daranse a coñecer os nomes dos colexios e centros educativos gañadores. En Galicia presentáronse 8 e 26 propostas, delas premiaranse un total de 4.

O primeiro premio da comunidade autónoma galega pasará directamente á FINAL NACIONAL do VI FESTIVAL de Clipmetraxes de Manos Unidas, que se celebrará o sábado 9 de maio nos Cines Callao de Madrid (Praza do Callao, nº 3, Madrid).

A gala estará presentada por Dna. Carmen Portela Henche (delegada de Manos Unidas na Coruña) e a ela asistirán varios membros do XURADO autonómico, entre os que se atopan Dna. Mª do Mar García Fernández, D. Paulo Caboco e D. Eulogio Rouco Lamela

6 de abril de 2015 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.