A Coruña acolle a Asemblea Xeral da Federación de Asociacións de Xornalistas de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación, Diego Calvo, participou este venres na inauguración da Asemblea Xeral da FAPE celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña. Xunto a Diego Calvo, no acto participaron o presidente da APC, Manuel González, e a presidenta da FAPE, Elsa González.
Durante a súa intervención, e como paso previo a unha xornada sobre Novos Medios e Comunicación, o titular provincial agradeceulles aos organizadores elixir A Coruña como sede para a súa asemblea anual.

Ademais, animou os profesionais a seguir traballando “con rigor” para manter unha prensa libre e capaz de crear opinión a partir dunha información veraz. “Só cunha prensa libre poderemos vivir nun país libre”, engadiu Calvo, que tamén insistiu na capacidade dos medios de comunicación de “ofrecer unha análise seria” fronte á inmediateza que “ás veces esixen as novas tecnoloxías”.

13 de abril de 2015 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.