A Cidade do Futsal reuniu a 4000 persoas no fin de semana do fútbol sala base
‘A Cidade do Futsal’ bota o peche hoxe á súa segunda edición superando con fartura os números da pasada edición. Un total 430 nenos participaron no Torneo organizado polo Santiago Futsal, en colaboración con Viaqua, Concello de Santiago de Compostela e Cidade da Cultura.
Máis de 4000 persoas visitaron a Cidade da Cultura neste fin de semana de fútbol sala base no que participaron 75 equipos de categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Grazas á colaboración de Dynamic Events Sport todos os asistentes puideron participar en actividades como o ‘ Chutódromo’, ou os inchables de Multixogo do Multiusos Fontes do Sar.
En categoría prebenxamín proclamáronse vencedores ‘Villestro FS’; mentres que en benxamíns foron ‘ 5 estrelas’ e en alevíns ‘CF Oroso B’. Todos eles recibiron un pack de roupa Kelme así como un reloxo Select e unha medalla que os acredita como gañadores do torneo nas súas categorías. Agustín Hernández, alcalde de Santiago de Compostela; Julio Masid, director xeral de Viaqua e María José Curral, concelleira de deportes de Santiago de Compostela, foron os encargados de entregar os premios aos gañadores do torneo.
Así concluíu a II Edición da Cidade do Futsal na que, tantos nenos como maiores, gozaron do mellor fútbol sala basee acompañado do bo tempo que este fin de semana deixou en Santiago de Compostela.











