A choiva obriga a pospor a programación especial en Nigrán para o Día da Nai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O pronóstico meteorolóxico previsto para este fin de semana obriga a cancelar a programación especial deseñada con motivo do Día da Nai. A actuación da Banda de Música de Guláns, prevista para o domingo 3 de maio ás 12.30 horas trasládase ao domingo día 10, á mesma hora e no mesmo lugar, a Praza do Concello.

A Festa do Neno, que se ía a celebrar este sábado na Praza do Concello, posponse para o domingo 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, con inchables e xogos tradicionais xigantes a partir das 17.00 horas e unha batucada a cargo de Trópico de Grelos, a partir das 18.00 horas.

A celebración da I Feira de Artesanía “Coas nosas mans”, organizada por un grupo de artesás do municipio, posponse até os días 16 e 17 de maio. O sábado abrirá a partir das 17.00 horas mentres que o domingo permanecerá activa todo o día.

30 de abril de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.