A Biblioteca Pública Municipal de o Carballiño celebra o Día Internacional do Libro Infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma todos os anos, a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil), xunto coas súas catro seccións: Consejo General de Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e Galtzagorri Elkartea, convida ás bibliotecas, librerías e centros de ensino a adherirse a esta celebración, e organizar actividades de promoción da lectura. A Biblioteca Pública Municipal de o Carballiño adheriuse á celebración do Día Internacional do Libro Infantil que terá lugar o día 10 de abril, dado que o día 2 de abril foi festivo, a partires das 17.30 horas. Procederase á difusión da mensaxe da escritora Marwa Obaid e do cartel da ilustradora Nasim Abaeian entre os nenos e nenas asistentes. A continuación terá lugar un obradoiro cuxa temática serán os contos de Andersen, e no que os nenos fabricarán coas súas propias mans marcapáxinas coas personaxes de conto máis coñecidas da obra do escritor, tales como “O soldadiño de chumbo”, “A sireíña” ou “A princesa das neves”. Este obradoiro gratuito está dirixido a nenos/as de 5 a 12 anos, cun límite de 20 nenos.

1 de abril de 2015 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.