A Biblioteca de Verín celebra o ‘Día do Libro’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro venres 24 da abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Día do Libro’, no marco da programación de actividades programadas con motivo da iniciativa ‘Abril, mes dos Libros’ e as de fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade os/as máis pequenos/as confeccionarán un marcapáxinas de cartolina e goma eva -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca en tamaño A4-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624.

20 de abril de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.