publicidade hoxe

A biblioteca de Brión celebrou o Día do Teatro coa representación do “Misterio do pirata Benito Soto”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A biblioteca municipal de Brión celebrou o Día Mundial do Teatro coa posta en escena do “Misterio do pirata Benito Soto”, unha actividade de dinamización dirixida a nenas e nenos a partires de tres anos de idade. Esta historia de misterios, homenaxe a Sir Arthur Conan Doyle e ao patrimonio galego, reuniu a medio cento de veciños, entre nenos e pais.

O encargado deste divertido conta contos foi “Polo Correo do Vento”, un colectivo especializado en actividades de promoción da lectura, comprensión oral en galego e desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos. A actividade mesturou a oralidade coa ilustración, interactuando cos pequenos a través dun obradoiro de debuxo. Esta representación estivo organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Brión, a través do programa da Rede de Biblioteca de Galicia “Ler conta moito”, e serviu para conmemorar o Día Mundial do Teatro.

1 de abril de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.