A Barrioferencia sobre o Convento das Beneditinas atrae a decenas de veciños da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Asistentes á Barrioferencia

Asistentes á Barrioferencia

A segunda “Barrioferencia” adicada á historia de “O Convento das Beneditinas” volveu a ser un éxito de asistencia. Decenas de veciños e veciñas da Guarda acudiron o pasado sábado ó restaurante “Os Remos” para coñecer, da man do profesor e historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, o modo de vida das relixiosas que habitaron o convento e as diferentes fases polas que pasou este emblemático edificio.

O encargado de presentar o acto foi Sr. Antonio Lomba, Concelleiro de Cultura. Lomba agradeceu a presencia a tódolos veciños e veciñas da localidade e deu paso ó Doutor en Historia, Villa Álvarez.

O historiador comezou explicando a vida nos mosteiros de diferentes ordes para finalmente centrarse en como foi a fundación do Convento das Beneditinas. Villa explicou que foron os irmáns Ozores de Sotomayor, os que levantaron este convento que levou o nome de “Monasterio de la Transfiguración del Señor”. Precisando a historia por séculos -o convento levantouse no XVI -, Villa foi describindo os cambios que sufriu o convento, a dureza da vida monacal, as penurias económicas e as reformas do edificio ó longo da historia. A finais do século XIX, cntou, as Benedictinas foron expulsadas do convento e trasladáronse ó Convento de las Dominicas en Baiona.

Durante eses anos, explicou o profesor ó público presente, o Concello acondicionou o edificio para facer tanto unha escola masculina como feminina. Máis tarde a diocese intentou recuperar o convento, que xa era de titulación municipal. Neste punto o Concello permutou coa Igrexa o convento por uns edificios que na actualidade se coñecen por ser o antigo colexio “Sinde”.

As relixiosas habitaron o edificio durante varios anos máis, pero continuaron a ter unha vida moi dura. A medida que as edificación foron crecendo, as monxas comezaron a atoparse incómodas pola súa vida de clausura, e decidiron abandonar este convento e trasladarse ó de Trasmañó, en Redondela.

Villa terminou a conferencia falando da venda do edificio no ano 1983. Despois unha familia de A Guarda comprou o antigo convento, e no ano 1991 o converteu nun hotel. Dous anos máis tarde se abriu o restaurante, “Os Remos”, lugar no que o sábado, uns cincuenta guardeses sentáronse a escoitar a historia deste emblemático e histórico edificio.

A próxima cita coas “Barroferencias” será o sábado 9 de maio. Nesta data Antonio Rodríguez Portela e Manuel Ángel Álvarez, serán os encargados de mostrar a historia de “O Coto de Camposancos”, no local da Sociedade “Los Amigos de Camposancos”.

27 de abril de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.