publicidade hoxe

A Banda de Gaitas de Verín participa na homenaxe ‘Coñecendo a Ángel Barja’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Banda de Gaitas do Concello de Verín estará presente, na xornada de mañá 25 de abril, na homenaxe ‘Coñecendo a Ángel Barja’, que terá lugar en Terroso (Vilardevós).

Nesta homenaxe, no que colaboran os concellos de Verín e Vilardevós, arranca ás 10 horas coa visita á casa natal do compositor Ángel Barja, seguida da viista ao obradoiro de instrumento tradicionais de Vicente Fernández Barreira, e un pasacalles e concerto realizados polas bandas de gaitas de Verín e Vilardevós. A partir das 11 horas terá lugar un concerto de corais, coa actuación das formacións artísticas Coro Parroquial Santa Cruz de Terroso, Coral Infantil Amaro Refojo, Coral Canto Alegre e Asociación Verinense Amigos da Música. Finalizará o acto coa interpretación, ás 12 horas, dun pasadobre adicado ao músico Ángel Barja.

Ángel Barja Iglesias, músico sobranceiro dos nacidos na comarca de Verín e un dos compositores galegos máis importantes do século XX. Compositor con máis de cincocentas obras en catálogo, obtivo, entre outros, o Premio Nacional de Composición (1972 e 1984), o Premio Internacional de Composición (1972 e 1981), o Premio Cristóbal Halfter (1982) e o Premio Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada (1985).

24 de abril de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.