A Baña convoca unha nova edición do premio de relatos curtos e contos á memoria de Daniel García Ramos
Está destinado a fomentar a escritura e lectura en galego entre @s moz@s. Convócase entre estudiantes de ata dezaoito anos dos Institutos de Ensinanza Secundaria e os Centros de Ensinanza Infantil e Primaria. Establecéndose dúas categorías por idades. O fallo do premio correspóndelle ao Xurado, composto por intelectuais galegos de recoñecido prestixio e farase público no mes de maio, mes no que se celebra o Día das Letras Galegas no Concello de A Baña.
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia
NÚMERO DE BENEFICIAROS: 146.321 alumnos de ESO E BACHARELATO/ 201.383 alumnos de Infantil e Primaria.
CALENDARIO: Dende o 01/01/2015 ata o 30/04/2015 (DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS) FALLO XURADO: 17/05/2015
BASES DO CERTAME:
- A Fundación Amigos de Galicia coa colaboración do Concello de A Baña, do Colexio CPI. De San Vicente, sito no mesmo municipio e da Xunta de Galicia, convocan o XII Premio de Relatos Curtos e Contos para escolares, co dobre obxectivo de fomentar a creación literaria entre os nenos e mozos, e o uso do galego.
- Poderán participar todos os escolares galegos ata 18 anos, dentro de dúas categorías (categoría A, ata 12 anos, e categoría B, entre 13 e 18 anos).
- Os contos serán de tema libre, debendo ter na Categoría A unha extensión mínima de cinco folios, e de dez na Categoría B. En ámbolos dous casos, deberán presentarse dúas copias mecanografadas, a dobre espazo.
- Os contos serán enviados polo seu autor ou polo Colexio/Instituto no que estude.
Establécense os seguintes premios:
CATEGORÍA A*: contos escritos por nenos de ata 12 anos.
1º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 200€
2º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 150€
3º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 100€
4º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 75€
5º Premio.- Material didáctico our escolar por valor de 100€ para o Concello de A Baña
CATEGORÍA B*: contos escritos por nenos de entre 13 e 18 anos.
1º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 200€
2º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 150€
3º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 100€
4º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 75€
5º Premio.- Material didáctico ou escolar por valor de 100€ para o Colexo da Comarca de A Barcala
- O Xurado estará formado por escritores e xornalistas galegos, actuando un representante da Fundación Amigos de Galicia como secretario, con voz e sen voto. A súa decisión será inapelable, acordada con posterioridade ao 15 de maio de 2015. A entrega do premio efectuarase durante o mes de maio, data na que se celebra o día das Letras Galegas, coincidindo co aniversario da Entidade.
- O lugar de presentación ou envío realizarase na sede da Fundación Amigos de Galicia: Avda. de Lugo, 115 – Baixo – (C.P. 15.702) Santiago de Compostela, en Avda. López Ballesteros, nº 9 en (C.P. 36.600) Vilagarcía de Arousa ou por correo electrónico: informacion@fundacionamigosdegalicia.org, e data límite de presentación será o 30 de abril de 2015.
- Os dez contos premiados serán publicados nun libro. Os traballos na súa primeira edición serán propiedade da Fundación Amigos de Galicia.
- A presentación a este Concurso supón a aceptación destas BASES, decidindo o Xurado sobre calquera eventualidade non prevista nelas.
Os premios deste certame entregaranse nun acto que se celebrará no mes de maio do ano 2015 no Concello de A Baña.