A Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol organiza unha nova edición do obradoiro para a elaboración de ambientadores caseiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Aula de Ecoloxía Urbana do Concello de Ferrol, organiza o vindeiro mes de maio unha nova sesión do obradoiro de destilación caseira debido ao éxito da primeira edición dentro desta programación para adultos. Este taller de destilación de aceites esenciais, sen necesidade de alambique, para a elaboración dun ambientador caseiro se desenvolverá os días 2 e 3 de maio en horario de 17:00 a 18:30 horas.

As prazas serán limitadas polo que os interesados deberán apuntarse até o vindeiro xoves, dñia 30 de abril, a través do correo electrónico: aeuferrol@mundo-r.com ou chamando ao teléfono 981 94 42 22. Este obradoiro é gratuíto pero os participantes deberan levar os seguintes materiais:

– 1 paquete de follas de xelatina neutra (sen sabor).

– 1 frasco de vidro non moi gran (o tamaño dos tarros do pate é xenial). Se é un frasco orixinal, o ambientador quedará moi decorativo

24 de abril de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.