A aula de ecoloxía urbana de Ferrol dispón de novas prazas libres nos obradoiros gratuítos para adultos
A Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) do Concello de Ferrol informa sobre novas prazas libres nos obradoiros para adultos. Esta programación deu comezo o pasado mes de novembro e se prolongará até o vindeiro mes de maio. Os obradoiros dirixidos a adultos se realizarán os venres en horario de 16:30 a 17:45 horas e son de carácter gratuíto.
Algunhas das actividades ofertadas son cestería con periódicos, encadernación, cosmética e produtos de limpeza naturais… e outros traballos de reutilización e reciclaxe. Así, e para dar posibilidade a máis persoas de participar, os que acudan aos obradoiros dos venres non poderán participar nos da primeira fin de semana exclusivos para adultos, e viceversa. As prazas para todos os talleres son limitadas e para apuntarse nas actividades deberán enviar un correo electrónico a: aeuferrol@mundo-r.com ou chamar ao teléfono: 981 94 42 22. Para obter máis información poderase visitar a páxina web: www.facebook.es/aeuferrol.











