A Asociación Galega de Hemofilia reúne na Coruña a 150 persoas asociadas
O domingo, 12 de abril, ás 11.30 h. no Hotel María Pita,a Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo) celebra a XXII Asemblea Xeral, na que participarán máis de 150 persoas con hemofilia e/ou con algunha outra coagulopatía conxénita da comunidade.
Durante a asembleavanse repasar as actuacións e as mobilizacións por parte da entidade para conseguir que o SERGAS manteñaa súa vontade de diálogo cos pacientes con algunha coagulopatía,facéndoos partícipes das decisións relacionadas coa seguridade dos seustratamentos.
O acto de clausura, programado para as 13:30 horas, contará coa asistencia doConcelleiro de A Coruña, Enrique Salvador de Diego, a Deputada provincial, Mª Begoña Freire Vázquez, o Director Xeral de Asistencia Sanitaria. Félix Rubial Bernárdez,e mailo Presidenteda Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), AnxoQueiruga.
Máis de 500 persoas galegas con hemofilia
En Galicia, máis de 500 persoas teñen hemofilia ou algunha outra coagulopatía conxénita e dependen dun tratamento adecuado que minimice o risco infeccioso, e que evite contaxios como os sufridos no pasado con resultados mortais para algúns enfermos.
A Asociación Galega de Hemofilia, (Agadhemo), foi fundada o 6 de xuño de
1988 e atópase integrada dentro a Federación Española de Hemofilia,constituída no mes de outubro do mesmo ano. A día de hoxe, o colectivo representa a práctica totalidade dos enfermos de hemofilia en Galicia.
Agadhemo, entidade declarada de Utilidade Pública segundo Orde do 18 de outubro de 2010, é membro activo de COGAMI (Confederación Galega de persoas con discapacidade ).











