A Asociación de Festas San Miguel de Pereiras organiza a II Carreira Popular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Festas San Miguel de Pereiras organiza a II Carreira Popular Pereiras-Mos que se celebrará o vindeiro 18 de abril ás 18.00 horas da tarde con saída e chegada á Igrexa de San Miguel de Pereiras.

Trátase dunha carreira de categoría absoluta, isto é, para maiores de 18 anos, cronometrada, con probas de 10.000 metros e 5.000 metros e percorrido por asfalto. Haberá premios para os tres primeiros clasificados, homes e mulleres, das probas de 10.000 e 5.000 metros. A proba de 10.000 metros está dotada con 100 euros  en metálico para o primeiro clasificado e 75 e 50 euros en vales de compra,  nas tendas de deportes colaboradoras, para o segundo e terceiro clasificados respectivamente.

Os tres primeiros clasificados por categorías, homes e mulleres (Senior: hata 35 anos inclusive, veteranos A: 35-45 anos inclusive, veteranos B: de 45 anos en diante) tamén recibirán premio conmemorativo da proba. Na proba de 5.000 metros os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo.   Recibirá ademais un trofeo o primeiro clasificado natural ou residente en Mos na proba de 1.000 metros.

O prazo de inscrición na páxina web www.cronotec.es remata o día 15 de abril pero é posible anotarse ata o 17 de abril presencialmente en Deportes González, Deportes Marcial e Que Bici. O prezo de inscrición é de 7 euros por persoa.

Ademais da carreira realizarase a I Andaina Sendeiro dos Muíños que dará comezo ás 17.30 horas, media hora antes da carreira, e as inscricións poderanse facer o propio día 18 de abril por un prezo por persoa de 3 euros.

Os interesados en obter máis información sobre esta carreira poden consultar a web www.cronotec.es

10 de abril de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.