publicidade hoxe

A Asociación de Empresarios de Santa Comba dá conta dos novos cursos previstos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanta Comba
A-
A+

O pasado venres celebrouse no Restaurante Molesón a Asemblea Xeral da Asociación de Empresarios de Santa Comba, onde o Presidente e a Xunta Directiva da entidade deron conta das actividades que se realizaron ao longo do ano pasado.

Aproveitando a cita entregaronse os diplomas aos alumnos que realizaron con éxito o curso de manexo seguro de carretas elevadoras, dentro do marco de prevención de riscos laborais incluído nas liñas preventivas que promove a Asociación, e en canto a formación que próximamente organizará a Asociación, están os cursos de “Escaparatismo e Visual Merchandising” e “Formación Contínua CAP”, destinados exclusivamente a traballadores por conta allea e autónomos e que xa se poden inscribir nas oficinas da Asociación.

Tamén se procedeu a entregar os premios as tres mellores tapas que resultaron gañadoras segundo a puntuación dos tapeiros que fixeron a V Ruta de Tapas, o terceiro premio foi para a tapa “Dulce Mar” elaborada polo Hotel Xallas, o segundo premio foi para a tapa “Revolto de zamburiñas e grelos” do Restaurante Tío Paco e o primeiro premio para a tapa “Entre Galicia e América” elaborada por Café Bar A Nosa Vila.

Así mesmo resultou gañadora Tamara Rial co premio a tapeadora que consiste nunha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural con detalle floral de benvida, cesta de froitas, cava e almorzo incluído.

29 de abril de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.