A Asociación de Artrite de Santiago celebra o seu décimo aniversario
A Asociación de Artrite de Santiago, en funcionamento dende o ano 2005, celebra agora o seu décimo aniversario, no que quere transmitir o seu agradecemento ás entidades colaboradoras polo seu apoio, aos medios de comunicación polo seu recoñecemento e seguimento, e ao Sergas e o seu persoal sanitario polo constante asesoramento e colaboración.
Para celebrar este aniversario, a asociación organizou o pasado venres no CABES (Casa das Asociacións do Benestar de Santiago) unha festa para os seus socios, na que houbo actividade de risoterapia, xogos de animación, e merenda.
A Asociación de Artrite de Santiago (AAS) ten como fins principais mellorar a calidade de vida das persoas con artrite de calquera tipo, prestándolles axuda, apoio e asistencia tanto a pacientes como a familiares. Tamén busca a sensibilización sobre esta enfermidade que resulta incapacitante en moitos casos
2000 composteláns están afectados por algún tipo de artrite, unha enfermidade dexenerativa que produce dor crónica e que pode ter un impacto moi importante na calidade de vida de quen a padece.











