publicidade hoxe

A “Asociación Cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas” ofrece un concerto no Auditorio Municipal de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A concellería de Cultura de Ribadumia propón para este fin de semana unha actuación da “Asociación Cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas” integrada por máis de dez músicos da comarca.

A agrupación xurde por iniciativa de Pablo Dovalo co obxectivo de achegar este peculiar instrumento ós veciños da comarca. Dende o seu comezo este grupo de acordeonistas ten feito actuacións por diversas zonas de Galicia sempre coa ilusión e ganas de facer gozar ó público.

A actuación ten entrada libre e comezará ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.

11 de abril de 2015 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.